Gañadores Concurso Meles 5 Estrelas 2026
A Asociación Galega de Apicultura dá a coñecer os resultados do Concurso Meles Cinco Estrelas 202627 de novembro de 2026.
A Asociación Galega de Apicultura (AGA) celebrou o 12 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela a cata do Concurso Meles Cinco Estrelas 2026, na que un xurado de 4 persoas avaliou 62 mostras de mel presentadas por 41 produtores en 5 categorías.
A avaliación desenvolveuse en dúas roldas. Na primeira, o xurado valorou todas as mostras admitidas tras a análise previa de laboratorio, atendendo á vista, ao olor, ao gusto e ás apreciacións multisensoriais. As mostras con mellor puntuación de cada categoría pasaron a unha segunda rolda, avaliada por xuíces distintos, da que saíron os premiados de cada categoría. Segundo as bases, cada premio require un mínimo de tres mostras presentadas na categoría; nas categorías con menos mostras concédese diploma de recoñecemento.
Eucalipto
– 1.º premio: Josefa María Durán Casal (Monfero)
Castiñeiro
– 1.º premio: Rubén Rodríguez González (O Irixo)
– 2.º premio: José Manuel García López (Carballedo)
– 3.º premio: María del Carmen Gómez Pérez (Cervantes)
– Diploma de excelencia: María del Mar Brea Botana (A Estrada)
Silva
– Diploma de recoñecemento: Cristina Rubiños Aguirre (O Valadouro)
Bosque
– 1.º premio: Bonifacio Luis Diz (Verín)
– 2.º premio: Mimá Tcea (Allariz)
– 3.º premio: Johnny Trigas Rodríguez (Cameixa – Boborás)
– Diploma de excelencia: Brais Fernández Martínez (Arnoia)
Multifloral
– 1.º premio: Gerardo Janeiro Labandeira (Boborás)
– 2.º premio: Josefa María Durán Casal (Monfero)
– 3.º premio: Francisco Janeiro Labandeira (Boborás)
– Diploma de excelencia: María del Mar Brea Botana (A Estrada)
A Asociación Galega de Apicultura agradece a participación de todos os produtores e o traballo do xurado.
Máis información: info@apiculturagalega.gal · https://melescincoestrelas.es
