Parque dos
Polinizadores
Todas as persoas saben que as abellas producen mel, pero poucas saben que son as responsables do 80 % da polinización das plantas con flores. O Parque dos Polinizadores é un espazo acondicionado a carón das nosas instalacións en Arzúa, disposto para ser visitado dun xeito didáctico e de lecer.
A sociedade ten coas abellas e os abelleiros unha débeda histórica, debido a que durante séculos polinizaron as flores e conservaron a biodiversidade sen percibir nada a cambio. O mel e outros produtos das abellas podémolos importar mais a polinización non.
Tamén se usará para diversas actividades da nosa asociación, entre outros, para a celebración da Mostra Galega de Apicultura e moitas outras actividades que axuden a comprender o papel esencial dos polinizadores, entre os que o máis importantes son as nosas abellas.
Facer visibles as abellas e os apicultores ante a sociedade co obxecto de que esta tome conciencia da necesidade de defender ambos os dous diante dos perigos que comporta a actual degradación da natureza e o alarmante declive da biodiversidade é tamén outro obxectivo do Parque dos Polinizadores.
Vinde visitalo!