O día 12 de novembro do 2026, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) celebrou en Santiago de Compostela, no CIFP Compostela, a cata do Concurso Meles Cinco Estrelas 2026, na que un xurado de 4 persoas avaliou un significativo número de mostras de meles presentadas, dividíndose este ano en 5 categorías.
O comité de cata, este ano estivo formado por:
-Amparo Pardo (Xerente do Enredo do abelleiro)
-Pablo Gómez (Socio de AGA con formación en cata de meles)
-Marcos Espiña (Mestre do CIFP Compostela)
-Félix Adanero (Experto en apicultura especializado en própole)
A avaliación desenvolveuse en dúas roldas. Na primeira, o xurado valorou todas as mostras admitidas tras a análise previa de laboratorio, atendendo á vista, ao olor, ao gusto e ás apreciacións multisensoriais. As mostras con mellor puntuación de cada categoría pasaron a unha segunda rolda, avaliada por xuíces distintos, da que saíron os premiados de cada categoría. Segundo as bases, cada premio require un mínimo de tres mostras presentadas na categoría; nas categorías con menos mostras concédese diploma de recoñecemento.
Os gañadores foron xa contactados polo equipo técnico de AGA.
Os resultados do Concurso de Meles 5 Estrelas faranse públicos o vindeiro 27 de novembro nun acto público que realizaremos no auditorio do CIFP Compostela ás 12:00h. Ao que pode acudir toda aquela persoa interesada e os medios de comunicación que teñan a ben achegarse.
