Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

XXVII Feira do Mel de Ortegal

22 Xan, 2021

Data:
14 e 15 de novembro de 2015

Lugar:
Ortigueira


A Delegación de AGA Ortegal e o Concello de Ortigueira organizan a XXVII Feira do Mel de Ortegal os días 14 e 15 de novembro en Ortigueira.

O sábado pola mañán haberá conferencias sobre apicultura no Museo Ortegalia:

Ás 11 h. "Historia da apicultura" por Vanesa Trevín

Ás 12 h. "Reprodución do apiaro e cría de raíñas" por Marcos e Jara Varela

DAGA Ortegal informará sobre a situación coa Vespa Velutina.

O domingo será a feira na Alameda de Ortigueira a partir das 11 h. Haberá moitas actividades para o público: degustacións de queixo con mel, obradoiros, música, xantar e pola tarde Magosto e Queimada popular.

Durante toda o fin de semana varios establecementos de Ortigueira ofrecerán petiscos elaborados con mel.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad