Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

XX Feira do Mel de Narón

(11 / 10 / 2021)

XX Feira do Mel de Narón

17 de outubro de 2021

Narón celebrará o vindeiro domingo día 17 de outubro a XX Feira do mel, un evento consolidado que mostrará e achegará o mundo do mel ás persoas asistentes.

O horario será de 11:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 20:00 horas e ofrecerá unha ampla variedade de postos e actividades. AGA e Erica Mel contaremos con un stand onde poderedes achegarvos a recibir información sobre a asociación e os seus proxectos, Degustar meles Cinco Estrelas e adquirir os diferentes produtos que ofrece a cooperativa Erica Mel.

Tamén participaremos nesta feira ás 18:00 horas cunha pequena charla sobre o mel e como é o seu proceso dende a flor ata que o consumimos, cales son os factores diferenciadores dos meles galegos e remataremos cunha pequena cata de algúns dos meles máis característicos.

¡Esperámosvos este domingo no recinto feira de Sedes en Narón, non volo perdades!

NOS MEDIOS

   Noticia e foto de “La Voz de Galicia”

Ver noticia

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad