Do 10 ao 11 de abril celebrarase en Boimorto esta interesante xornada sobre o castiñeiro.
Nestas xornadas aprenderemos xuntos sobre esta árbore senlleira, potencial económico, os soutos, a súa polinización, a podredume da castaña, cambio climático… E faranse degustacións do produto.
Como vedes son unhas xornadas que se antollan máis que interesantes, polo que vos animamos a pasar un anaco agradable en Boimorto.
