Data:
26 de xullo de 2015
Lugar:
Museo Ortegalia – Ortigueira
26 de xullo de 2015, de 11 h. a 20 h. no Museo Ortegalia de Ortigueira e Centro Social de San Roque.
Organiza: DAGA Ortegal
Colaboran: Concello de Ortigueira, Museo Ortegalia, AGA e DAGA
Obxectivos:
1.- Facer balance da primeira parte do programa de control da avespa asiática (vespa velutina) desenvolvido na primavera de 2015.
2.- Situación actual e previsións ao comenzo deste verán.
3.- Programa de actividades e métodos de control a levar a cabo no verán e outono tendentes a limitar os efectos desta praga que tantos danos e alarma está causando.
Programa
No Museo Ortegalia:
– Ás 11 h.: Inauguración e presentación do programa.
– Ás 11.15 h.: Información da campaña de divulgación e captura de vespas fundadoras durante a pasada primavera. Por AGA e DAGAS.
– Ás 12 h.: Situación actual e previsión futura. Por AGA, DAGAS, 112 e apicultores afectados.
– Ás 12.30 h.: Posibilidades e mecanismos de control que se están pondo en práctica. Uso do vapor de auga. Contratación de seguros por parte de AGA. Coa intervención de concellos, empresas de control de pragas e DAGAS.
– Ás 14 h.: Xantar
No Centro Social de San Roque:
– Ás 16 h.: Elaboración do programa a levar a cabo para o verán e outono contando coa opinión dos asistentes.
– Ás 18 h.: Demostración de campo do uso de pértegas para a destrucción de niños.
– Ás 20 h.: Clausura