Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

Vídeo sobre a Ruta dos Alvares do Courel

(19 / 11 / 2021)

 

 

Para a promoción do apiturismo de Galicia, que está realizando AGA a través do proxecto “Apiturismo Xacobeo 2021”,  realizamos unha reportaxe audiovisual sobre as xornadas de apiturismo no Courel, que tiveron lugar no verán na fermosa aldea de Seceda. Nesta actividade, un grupo de socios e socias de AGA realizaron a Ruta dos Alvares, unha das tres Rutas do Oso e do Mel do Courel, da man de María Lorenzo e Isra Ferrero, socios de AGA que están levando a cabo un proxecto apícola no Courel. Na ruta os participantes puideron visitar as impresionantes alvarizas que permanecen dende séculos nese paraíso das abellas e desfrutar das espectaculares paisaxes do primeiro xeoparque de Galicia.  Máis información en www.apiturismogalicia.gal

 

 

 

 

Ruta do Courel

Seceda- 17 e 18 de xullo de 2021

 

 

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad