Co fin de dispor de meles variadas do conxunto de Galicia na tenda de AGA en Arzúa así como para ofertar nas distintas feiras nas que AGA participe, os socios que estean interesados en inscribirse na nosa listaxe de venda poden comunicárnolo.
O prezo de compra será de 8 € +IVE o bote de kg e 5 € +IVE o de medio kg, e mercaranse en lotes de 6 botes de kg e 6 de medio kg, e dunha forma rotatoria na lista de apuntados.
Os produtos (mel, pole, própole) Terán que estar correctamente envasados e etiquetados, e estar acollidos á produción primaria ou ter rexistro sanitario de selo caso.
Será preciso emitir factura de venda adecuada á legalidade vixente.
A orde de compra será por recepción das inscricións, que se poden facer no correo info@apiculturagalega.gal ou por teléfono no 981 630 694
Moitas grazas
