Lembramos que o prazo para realizar a inscrición no III Concurso de Meles Cinco Estrelas de AGA, así como para o envío de mostras para o laboratorio, remata este venres 29 de outubro. Aproveitade esta oportunidade e dar a coñecer o voso mel, xa que o premio do concurso inclúe tamén unha promoción dos meles premiados por parte de AGA nos eventos nos que participa durante o ano. Ademais, esta é unha ferramenta moi útil para aumentar o propio coñecemento do voso mel, que lle dará un valor engadido de cara a venda do produto.
Información Concurso Meles Cinco Estrelas: https://apiculturagalega.gal/iii-concurso-meles-cinco-estrelas/
Información Laboratorio de AGA: https://apiculturagalega.gal/laboratorio-2021/
