
AGA organiza unha formación online neste mes de novembro na que se tratará o control da Vespa velutina. Explicaremos como é a situación actual do tártago negro en Galicia e cales son as ferramentas que dispoñemos para controlalo. Entre elas falaremos sobre a eliminación de niños coa carabina de balíns, unha técnica que está dando bos resultados e sobre a que tamén informamos no vídeo “Control Vespa velutina II”, que acabamos de publicar. A xornada será o 27 de novembro e inclúe tamén unha sesión sobre a comercialización do mel. O prazo para inscribirse remata o vindeiro xoves.
