Servizo de Deseño Gráfico para socios e socias de AGA
A Asociación Galega de Apicultura – AGA, na súa vontade de apoiar o desenvolvemento profesional e comercial dos seus socios e socias, pon en marcha un novo servizo de deseño gráfico orientado a mellorar a imaxe e competitividade dos seus produtos apícolas. O obxectivo principal é ofrecer un acompañamento profesional en materia de identidade visual, comunicación e presentación de produto, adaptado ás necesidades reais do sector apícola galego.
Este servizo nace da constatación dunha necesidade recorrente entre os asociados: a falta de recursos e coñecementos específicos para construír marcas sólidas, atractivas e coherentes co mercado actual, especialmente no ámbito da comercialización directa de mel, pole, própole, cosmética apícola ou derivados.
Se estás interesado ou interesada nesta proposta, se tes unha imaxe de empresa ou produto que queres renovar ou cambiar, ou se non tes e queres crear unha, cubre o formulario e contactaremos contigo.
A túa imaxe coidada de principio a fin.
Tarifas e condicións:
