Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

SEGURO E PLAN APÍCOLA 2022/ CADERNO APÍCOLA

(21 / 01 / 2022)

 

Xa se pode realizar a renovación do seguro de colmeas, a través da póliza colectiva de AGA. O custo é de 1 € / colmea e cobre responsabilidade civil e multirrisco.

Por outro lado, nos próximos días enviaremos unha circular coa información do Plan Apícola 2022, para poder facer dende xa os pedidos de alimento, cera, trampas e fondos.

Cando saia publicada a convocatoria oficial das axudas no DOG, enviarase de novo información para poder realizar o pedido do tratamento da varroa, así como tamén, se fose necesario, pedir máis alimento, cera, trampas e fondos.

 

ACTUALIZACIÓN DO CADERNO APÍCOLA

Lembramos que xa se pode realizar a actualización do Caderno Apícola nas oficinas agrarias, o cal é un requisito indispensable para solicitar as axudas do Plan Apícola 2022. O prazo neste ano para a actualización remata o 28 de febreiro.

 

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad