Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

Ruta das Abellas no Courel

(08 / 07 / 2021)

Aínda quedan prazas, anótate!

Os días 17 e 18 de xullo inauguraremos en Seceda, aldea e parroquia do concello de Folgoso do Courel, a “Ruta das Abellas”.

Dentro das actividades programadas realizaremos a propia ruta coa visita aos alvares, veremos a Exposición de Apiturismo instalada pola aldea e faremos unha degustación de Meles Cinco Estrelas.

Contaremos cun microbús que sairá de Arzúa con parada en Monforte. Haberá un aforo reducido de 20 persoas por día. Para poder participar será precisa unha inscrición previa para solicitar a súa praza.

Contacte connosco no teléfono: 640230155 ou mande un mail  no que indique os seus datos (nome completo, DNI, teléfono, mail e localidade) ao seguinte enderezo: rutas@apiturismo.gal

O prazo de inscrición para a Ruta de Apiturismo do Courel remata o  luns día 12 de xullo.

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad