Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

RESULTADOS PREMIOS HONEY AWARDS 2022

(20 / 06 / 2022)

Resultados Honey Awards 2022

Nesta edición do concurso resultaron gañadores varios meles dos nosos asociados e asociadas. Noraboa a todas, e a seguir traballando para dar a coñecer o noso marabilloso mel ao mundo.

Resultados do Honey Awards 2022

AIALMA, este mel de castiñeiro acadou o terceiro posto na nosa III edición do concurso Meles Cinco Estrelas celebrado no 2021. Agora acada outro premio na categoría Silver no London Honey Awards.

Parabéns Lucía e Jose Antonio!

Aialma

Website: http://aialma.gal

 

BERCE, este mel multifloral foi gañador nesta categoría na II edición do concurso Meles Cinco Estrelas celebrado no 2020. Agora acada outro premio na categoría Golden no London Honey Awards.

Parabéns Jose e Rubén!

Miel Berce

Website: https://berce.gal

 

O PODER DAS FLORES, marca con varios meles gañadores en diferentes concursos. Na III ediciñon de Meles Cinco Estrelas foi gañador na categoría de monofloral de castiñeiro celebrado no 2021, tamén foi premiado o monofloral de queiroga nos premios de Mel de Galicia e agora acaban de acadar un posto na categoría gold co mel de eucalipto no London Honey Awards.

Parabéns Javier!

O Poder das Flores

Website: https://opoderdasflores.com

 

MEL DO SALGUEIRAL, mel da Ribeira Sacra acadou un premio na catergoría gold no London Honey Awards.

Parabéns Fernando!

Meldosalgueiral

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad