27 de maio de 2020
A Consellería de Medio Rural acaba de publicar a Orde de Axudas á Apicultura para o 2020 no DOGA do 27/05/2020. Poden optar a estas axudas as asociacións ou cooperativas apícolas de Galicia así como apicultores e apicultoras titulares de explotacións apícolas, cumplindo cunha serie de requisitos. A subvención vai destinada principalmente a adquisición dos tratamentos contra a varroa, alimentación e cera, ademais do custe dos veterinarios para asesoramento técnico e formación.
Dende AGA os socios e socias poden tamén tramitar a solicitude, para o cal abrimos un prazo que rematou o pasado 20 de maio. Solicitude Plan Apícola 2020 por AGA
Neste enlace pódese descargar a convocatoria publicada no DOGA: Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020