Promoción Formic-Pro

 

 

Ácido Fórmico

Informámosvos que temos unha promoción de Formic-Pro, produto a base de Ácido Fórmico e que non deixa residuos na cera, e carece de resistencias coñecidas.

É importante non usalo produto con temperaturas elevadas.

O rango de emprego é de temperaturas comprendidas entre os 10 e os 29,5 ºC. Hai que ter tino de non empregalo produto con máis de 25 ºC para aumentala seguridade e diminuílo risco para as nosas abellas.

O Formic-Pro é o único produto que ten efecto sobre as varroas no interior das celas, obtendo resultados en tan só 7 días.

Esta promoción pode ser útil de cara empregalo produto unha vez as temperaturas estean no rango axeitado e debe aplicarse sempre en colmeas ben poboadas.

A biqueira debe manterse aberta durante o tratamento, e nas bases con fondo sanitario as bandexas deben estar colocadas.

Para calquera aclaración podedes consultar, coma sempre cos veterinarios de AGA.

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad