Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

PROGRAMA DÍA DO APICULTOR

(26 / 01 / 2023)

DÍA DO APICULTOR 2023

O 4 de febreiro de 2023 celebrarase en Arzúa, no recinto feiral “Terra do Queixo”, sito na Travesía da Feira A desta vila, o Día do Apicultor, desde as 09:30 horas da mañá ata as 20 horas do serán.

Para a celebración deste gran día contamos cunha serie de insignes relatores e conferenciantes que nos van ilustrar sobre os diferentes aspectos da apicultura, con técnicas de manexo e selección das nosas abellas e co propósito da valorización dos seus produtos básicos, os meles e a cera, sen esquecer a importancia da biodiversidade polinizadora. As charlas e conferencias desenvolveranse nas salas 3 e 4 do primeiro andar.

Así mesmo, procederemos á presentación do Grupo Galego de Cría e Selección da Abella Negra (cfr.: https://apiculturagalega.gal/grupo-de-cria-e-seleccion-da-abella-negra-galega/), para o cal precisamos a participación de apicultores con experiencia na selección que fornezan unha boa xenética, de criadores desas abellas nais e de persoas abelleiras que se dediquen a facer testaxes desas raíñas. As portas de integración neste grupo están abertas para todos os interesados nalgunha das facetas expostas.

Na planta baixa deste recinto feiral estarán localizados os servizos administrativos de AGA para calquera xestión ou para recoller material do Plan Apícola. Nela tamén acolleremos un amplo abano de expositores de material apícola e produtos afíns, con participación duns 22 expositores de toda a Península Ibérica.

Para os cativos e a xente miúda contamos cun extenso programa matutino e vespertino co obxecto de que desenvolvan as súas habilidades manuais a partir da apicultura.

Haberá unha polbeira cos manxares típicos das feiras para a satisfacción dos comensais.

Tamén queremos manifestar o noso agradecemento ao Concelo de Arzúa por prestarnos as instalacións do recinto feiral.

Agardamos a vosa participación neste evento apícola!

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ANUAL DE AGA ANO 2023

Día: 4 de febreiro de 2023.

Hora: 13,00 horas.

Lugar: Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa.

O sábado día 4 de febreiro de 2023, no recinto feira “Terra do Queixo” de Arzúa, terá lugar a Asemblea xeral da Asociación Galega de Apicultura, ás 13,00 horas en primeira convocatoria e ás 13,30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, de proceder, das actas das asembleas extraordinaria e xeral que se celebraron o 26 de marzo de 2022.
  2. Relatorio das actividades apícolas realizadas por AGA no ano 2022, así como das actuacións normativas e asociativas de xestión, contables e fiscais emprendidas.
  3. Contabilidade e contas do ano 2022.
  4. Actividades programadas e orzamento de AGA para o ano 2023.
  5. Relación de AGA e a cooperativa Erica Mel, así como coas demais entidades apícolas de Galicia.
  6. Rogos e preguntas.

Acceder

Registro

Restablecer la contraseña

Por favor, introduce tu nombre de usuario o dirección de correo electrónico y recibirás por correo electrónico un enlace para crear una nueva contraseña.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad