Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

PRESENTACIÓN DA “RUTA DAS ABELLAS” EN CULLEREDO

(03 / 06 / 2021)

O día 4 de xuño estaremos no Xardín Botánico de Culleredo coa exposición de Apiturismo en Galicia. Celebraremos un acto de presentación da “Ruta das Abellas”, ao que estades todas e todos convidados.

A continuación, imos explicarvos en que consiste este proxecto e mais a programación para esa xornada.

APITURISMO

Ao redor do mundo das abellas desenvolveuse en Galicia unha actividade milenaria, da que dan boa conta un gran número de construcións e ferramentas que forman parte da paisaxe, do patrimonio etnográfico e cultural das nosas aldeas. Desde tempos antigos construíronse fortes e altos muros para protexer as colmeas da gula do oso pardo. Este patrimonio chamado alvarizas, alvares ou cortíns xustifican a súa restauración e a súa posta en valor. Por este motivo, a través de AGA, creamos un proxecto Apiturismo Xacobeo 2021/2022, que ten como obxectivo poñer en valor a apicultura milenaria que forma parte da nosa rica etnografía, cunha arquitectura única no mundo e dada a coñecer a todo o mundo.

Para dalo a coñecer programamos unha serie de actos de presentación por toda Galicia. O dito evento alberga unha exposición de 42 fotos, unha actividade de presentación con Degustación de Meles Cinco Estrelas, charlas  e vídeos sobre a Apicultura Tradicional de Galicia e o “Control da Vespa velutina”.

Xunto a esta exposición poremos 12 láminas de “Máis que Mel”, para promocionarmos a importancia das abellas e de todos os seus produtos.

Debido á situación de pandemia e de aforos reducidos, será precisa a inscrición. Rogamos que vos poñades en contacto coa vosa DAGA para mostrar o voso interese en acudir ao dito acto.                                    

HORARIOS: 

De 16.00 ás 20.00 horas: Exposición de Apiturismo e “Máis que Mel”, no Xardín Botánico

– Visionado toda a tarde dos vídeos “Apiturismo en Galicia” e “Control da Vespa velutina I”

– Presentación da exposición de Apiturismo en Galicia e da Ruta das Abellas: 17.30-18.00 horas

– Charla e visita comentada sobre a Apicultura Tradicional de Galicia, por Xosé Torres (presidente de AGA):  18.00-18.30 horas  

   – Charla “Control da Vespa velutina”: 18.30-19.15 horas

– Degustación de Meles Cinco Estrelas: 19.15-20.00.

Sodes todas e todos benvidos! Un saúdo.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad