Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Preparación do apiario en primavera 1

(16 / 02 / 2024)

 

 

Xa non queda nada para que chegue a primavera!

Asegurádevos de ter un comezo da tempada de primeira da man da DAGA Barbanza-Salnés e os veterinarios de AGA.

Neste curso afondaremos nos principios e accións básicas para a preparación do apiario en primavera, tentando así que as colmeas comecen a tempada con forza, aproveitando ao máximo a primavera e chegando fortes e con abondosas reservas á época de maior presión da vespa velutina e mellorando así tanto a produción coma a supervivencia das colmeas.

Para matricularvos nos cursos da DAGA Barbanza-Salnés podedes apuntarvos:

Chamando ao 609831755

-Mandando un e-mail a dagabarbanza@elmuelle.es no que indiquedes:

Nome do curso ao que vos queredes anotar, o voso nome e apelidos, o voso e-mail, DNI e un teléfono de contacto.

 

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad