O pasado 17 de decembro do 2021 tivo lugar a entrega de premios da XX Cata dos Meles de Galicia, organizada pola Consellería de Medio Rural en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, na que participaron 43 mostras procedentes de 25 envasadoras. Dende AGA dámoslles a noraboa ós premiados e premiadas, que foron na súa maioría apicultoras e apicultores da nosa asociación.
— Multifloral:
Ouro, Eva María Rey Timiraos.
Prata, José Manuel Fernández Sande.
Bronce, María Fe Sixto Pernas.
— Monoflorais:
Ouro, Javier Carreiras Cuadrado, mel de queiroga.
Prata, María Munín Taboada, mel de castiñeiro.
Bronce, Javier Sotelo Fernández, mel de castiñeiro.
— Mel de bosque:
Ouro, Johnny Pérez Alonso.
