A tradición da comunicación ás abellas das desgrazas da súa dona ou dono sobrevive e persiste en obras literarias e artísticas
Nos usos e costumes centenarios de moitos pobos do planeta, entre eles o galego, vén de vello a tradición de lles comunicar ás abellas as desventuras da familia da xente da casa de cara a que elas axuden no tránsito á outra vida e sigan sobrevivindo como colonia de insectos nos seus covos, trobos, cortizos e colmeas, non abandonen a alvariza e ofrezan a súa cera e mel. Algo anacrónico, mais as abellas eran/son familia.
Para unha maior curiosidade cultural consultar: https://elpais.com/cultura/2022-09-19/por-que-se-informo-a-las-abejas-de-isabel-ii-de-la-muerte-de-la-reina.html
