Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Pole e floración apícola en Galicia

(19 / 01 / 2024)

 

 

A gran variedade de plantas que medran en Galicia dan como froito unha gran variedade de floracións, e con elas, de meles, monoflorais e multiflorais dunha excelente calidade.

Coñecede da man da DAGA Barbanza-Salnés de onde quitan o pole e o néctar as nosas abellas, e como con tan extraordinarios produtos procesan os nosos meles e acumulan pole para as súas crías. Aprendendo con detalle de onde proveñen estas materias primas, o pole e néctar de queirugas, toxos, castiñeiro, carballo, eucalipto, silvas… e que nos traen unha ampla gama de cores, aromas e olores no mel e nos subprodutos da colmea.

Para matricularvos nos cursos da DAGA Barbanza-Salnés podedes apuntarvos:

Chamando ao 609831755

-Mandando un e-mail a dagabarbanza@elmuelle.es no que indiquedes:

Nome do curso ao que vos queredes anotar, o voso nome e apelidos, o voso e-mail, DNI e un teléfono de contacto.

 

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad