AGA pon a disposición doas persoas asociadas o servizo de tramitación do Plan Apícola da Xunta de Galicia

Plan Apícola

Por medio da Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural) cada ano estase a regular a Orde pola que se establece o réxime de axudas á apicultura (2025-2026). Para este ano 2026 e ante a inminente publicación no DOGA do plan apícola, rogamos que nos enviedes todo con urxencia e actualicedes o censo apícola na oficina agraria ou a través do OVGAN ao longo de xaneiro.

A cantidade subvencionada é repartida pola Administración partindo da base impoñible (o que quere dicir que non entran nela nin o IVE nin os gastos de xestión ou de transporte) e de acordo co número total de colmeas presentadas en cada liña. Isto quere dicir que hai uns topes máximos, mais non indica que dito máximo sexa fixo, senón que pode variar en función da repartición que lle corresponda a cada concepto ou liña de acción.

 

IMPORTANTE: NON SE ADMITEN SOLICITUDES NEN XUSTIFICANTES BANCARIOS POR WHATSAPP.

PRAZOS

Envío da solicitude ata o 10 de febreiro e a recollida do material e os tratamentos varroa a partir do 1 de marzo. Os tratamentos da varroa envíanse a partir de xullo.

IMPORTANTE MANDAR ADXUNTA TODA A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA PARA QUE SEXA VÁLIDA A SOLICITUDE

Trámites

Para recibir a subvención de todo este material que se vai solicitar deberanse cumprir os requisitos que se establezan na orde correspondente e que probablemente sexan os mesmos que o ano pasado:

  • Estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola de Galicia antes do 1 de xaneiro de 2026.
  • Ter actualizado o Caderno Apícola na Oficina Agraria ou na páxina do OVGAN. O prazo remata o 28 de febreiro do 2026. Resulta importante solicitar na Oficina Agraria a «Solicitude de declaración censal» por se houbese que presentar algunha reclamación ante a Xunta. Os que fagan o censo a través da aplicación OVGAN, este ano teñen unha casilla que hai que marcar onde se declara que se fixo o tratamento obrigatorio anual da varroa.
  • Ter receita de haber tratado as colmeas contra a varroa o ano anterior segundo RD 608/2006, do 19 de maio( a cal hai que gardar 5 anos)
  • Ter contratado un seguro de colmeas a través de AGA ou por conta propia (enviar póliza en vigor e xustificante de pago del).

SOLICITUDE DE MATERIAL DO PLAN APÍCOLA 2026

Documentación imprescindible para achegar:

  • Solicitude debidamente cuberta e asinada (non esquecer marcar o lugar de recollida do material)
  • ANEXO V,obrigatorio cumprimentalo e firmalo ao solicitar alimento, do contrario non se subvenciona.
  • Xustificante bancario do ingresoco nome e os apelidos da persoa titular da explotación apícola
  • Pagar a cota o no seu caso a cota familiar: cando nunha mesma unidade familiar (cónxuxes ou parellas de feito rexistradas e fillos/as) exista máis dun socio de AGA, con unha ou varias explotacións apícolas, estes socios poderán solicitar acollerse á modalidade de cota familiar. Esta cota familiar supoñerá o aboamento do 50 % da cota ordinaria por cada seguinte membro na orde familiar de primeiro grao (non se domicilia)
  • Pagar o seguro das colmeas (non se domicilia)
  • Os que estean dados de alta no CRAEGA,achegarán o certificado en vigor
  • Os que teñan pólizas de seguro propio deberán achegar a póliza completa onde figure o número de colmeas e o REGA,co xustificante de ingreso (non vale o Agroseguro)

 

ENVIAR TODA ESTA DOCUMENTACIÓN ANTES DO 10 DE FEBREIRO 2026

Hai que pagar o 100 % do custo de cada produto, xa que AGA non pode asumir o adianto da subvención que representa ese 100 %.

Formulario

Plan Apícola 2026

Datos explotación

Se prefire enviar os formularios por correo, descárgueos aquí.

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad