PLAN APÍCOLA 2023
Co fin de adiantar o Plan Apícola 2023, publicamos os tratamentos da varroa que AGA lles ofrece ás súa persoas asociadas, para poder pasarlles as cantidades ós provedores e seguir mantendo un prezo fixo para todo o período do PA 2023.
Aínda que polo de agora non se publicou a Orde do Plan Apícola 2023 no Diario Oficial de Galicia, no ano 2022 as liñas que se subvencionaron na liña dos tratamentos contra a varroa para os apicultores e as apicultoras foron:
- Lina B1 e B2, «Tratamentos»: o 90 % da base impoñible dos produtos convencionais e o 100 % para as persoas abelleiras inscritas no CRAEGA (ecolóxico).
TRATAMENTOS DA VARROA
O tratamento ten unha subvención do 90 % e do 100 % (para os apicultores dados de alta no CRAEGA), para as colmeas que figuren actualizadas na Oficina Agraria no 31/12/2022. Pódese pedir un único produto por explotación, pagado ó 100 % do seu custo, tal como figura na táboa de prezos.
O tratamento seralles enviado ó domicilio a todos os socios e socias a partir de xullo, xunto coa receita e a factura, as cales hai que gardar para a próxima actualización na Oficina Agraria no inicio do próximo ano e durante cinco anos por se hai unha inspección. É obrigatorio anotar na páxina dos tratamentos sanitarios do Caderno Apícola os datos que figuran na receita, así como os relativos á súa aplicación.
PREZOS TRATAMENTOS VARROA 2023
PRODUTO | PRINCIPIO ACTIVO | Nº colmeas/ envase |
PREZO ENVASE (inclúe gastos de envío, IVE e, se é o caso, reciclaxe) |
APIVAR | AMITRAZ | 5 | 15,60 € |
APITRAZ | AMITRAZ | 5 | 15,20 € |
AMICEL | AMITRAZ | 50 | 116,66 € |
APISTAN | FLUVALINATO | 5 | 17,00 € |
BAYVAROL | FLUMETRINA | 1 | 3,45 € |
THYMOVAR (ECOLÓXICO) | TIMOL | 5 | 23,10 € |
MAQS (ECOLÓXICO) 20 TIRAS | ÁCIDO FÓRMICO | 10 | 56,00 € |
MAQS (ECOLÓXICO) 60 TIRAS | ÁCIDO FÓRMICO | 30 | 159,50 € |
OXYBEE (ECOLÓXICO) | ÁCIDO OXÁLICO | 20 | 44,00 € |
APIBIOXAL (ECOLÓXICO)
|
ÁCIDO OXÁLICO |
10 50 100 |
18,98 € 70,40 € 116,05 € |
VARROMED (ECOLÓXICO) |
ÁCIDO OXÁLICO + ÁCIDO FÓRMICO |
10 | 24 € |
Uso dos tratamentos:
Apivar: Colocar 2 tiras por colmea próximas á cría.
Apitraz: Colocar 2 tiras por colmea próximas á cría.
Amicel: Aplicar homoxeneamente 10 ml da solución en cada tira e colocala na colmea ó cabo de 6 horas; día 1 a primeira tira e día 12 a segunda: Débese retirar todo ós 35 días.
Apistan: Colocar 2 tiras por colmea próximas á cría.
Bayvarol: Colocar 4 tiras por colmea próximas á cría.
Thymovar: Colocar 1 esponxa partida pola metade sobre os cadros de cría, e repetir ós 21 días.
Maqs: Colocar sobre os cadros de cría, e recoméndase colocar unha media alza sen cadros para facilitar a ventilación. É moi importante que non haxa altas temperaturas!!! Se se usa por primeira vez, hai que consultar co veterinario. Para pedir un envase de Maqs con subvención (envase para 10 colmeas) hai que ter un mínimo de 7 colmeas censadas.
Oxybee: Produto para rociar (esparexer) sobre as abellas na cámara de cría, a dispersión debe de ter 30-35 ºC durante a súa aplicación (as dúbidas débenselle consultar ó veterinario).
Apibioxal: Autorizado para o seu uso por sublimación ou goteo.
Varromed: Produto preparado para rociar (asperxer) sobre as abellas na cámara de cría; en colmeas sen cría hai que aplicar unha soa dose, con cría varias (hai que consultar ó veterinario).
Receitas dos tratamentos
En cada paquete vai ir a receita e a factura; por favor, gardádea debidamente e conservádea durante 5 anos. Os tratamentos que no precisan receita (Thymovar, Oxybee, Apibioxal e Varromed) xa se xustifican coa factura que vai adxunta no paquete de envío.
Pagamento na conta de AGA: ES02 2080 0348 3830 0001 8210 ABANCA.
Indicar no concepto: nome e apelidos do/a socio/a e Plan Apícola 2023