Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

OS MELLORES MELES DO 2021 RECIBEN O SELO “MEL 5 ESTRELAS”

(26 / 11 / 2021)

OS MELLORES MELES DO 2021 RECIBEN O SELO “MEL 5 ESTRELAS”

O pasado 23 de novembro escolléronse en Arzúa os Meles 5 Estrelas colleitados polos apicultores e apicultoras galegos. O Concurso de Mel 5 Estrelas, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, estase consolidando como un dos concursos de referencia no noso país, mantendo ano tras ano unha elevada participación, cunha gran diversidade nas mostras e un mel da máxima calidade. Entre eles foron seleccionados cinco meles como os mellores do 2021, que recibirán o selo “Mel 5 Estrelas” e serán promocionados durante un ano por feiras de toda Galicia.

O III Concurso de Mel 5 Estrelas, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, celebrouse este ano cunha elevada participación dos apicultores e apicultoras de Galicia. As mostras seleccionadas, que pasaron á fase final do concurso, foron sometidas a cata polo xurado, que estivo presidido por Amparo Pardo, xerente do Museo O Enredo do Abelleiro, e composto por André Arzúa, restaurador e xerente de Espazo Abella; Dolores Rodríguez, apicultora e socia de AGA; Joaquín Lozano, veterinario de AGA; Noela Torres, restauradora e técnica de AGA.

Foron en total 63 mostras de mel, provintes das catro provincias, que participaron nas diferentes categorías: 20 como multifloral e 43 monoflorais, repartidas entre castiñeiro, queiroga, silva e mel de bosque, unha variada e completa representación de meles de todo o noso territorio. A categoría de eucalipto quedou este ano fora do concurso por non chegar ó mínimo de mostras necesarias.

Os gañadores e gañadoras foron:

Multifloral

  • 1º premio: Mª Josefa Durán Casal, Monfero (A Coruña)
  • 2º premio: Javier Roo Muradas, Beariz (Ourense)
  • 3º premio: Iago Fernández Pena, O Valadouro (Lugo)

Mel de bosque

  • 1º premio: Amable Pérez Diz, Muiños (Ourense)
  • 2º premio: Xabier Sotelo Fernández, A Pobra de Trives (Ourense)
  • 3º premio: Miguel Morales Añel, Allariz (Ourense)

Monofloral de castiñeiro

  • 1º premio: Javier Carreiras Cuadrado, Alfoz (Lugo)
  • 2º premio: José Luis Esteban García, Lugo
  • 3º premio: José Antonio Pazos González, Laza (Ourense)

Monofloral de queiroga

  • 1º premio: José Luis Pérez Fernández, Navia de Suarna (Lugo)
  • 2º premio: Andrés Pérez Costa, Cedeira (A Coruña)
  • 3º premio: Iván Marrube Rodríguez, Alfoz (Lugo)

Monofloral de silva

  • 1º premio: David Souto Gago, Verín (Ourense)
  • 2º premio: Iván González Álvarez, Monforte (Lugo)
  • 3º premio: Diana Iglesias Laso, Baltar (Ourense)

 

Os meles premiados en primeiro posto de cada categoría irán identificados cos selos “Mel 5 Estrelas”, para recoñecelos como os mellores meles do ano 2021. A Asociación Galega de Apicultura comprará ademais un lote deses meles a cada unha das persoas gañadoras, por un valor de 1.200 €, que destinará á súa promoción nas feiras e outros eventos apícolas que se realizan durante o ano por toda Galicia. Tamén se poñerán á venda a través da tenda online “Máis que Mel”, á que se pode acceder á través da web www.ericamel.gal.

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad