23 de xuño de 2020
Os diagnósticos da colmea son dous gráficos prácticos para seguirmos os principais aconteceres no interior dunha colmea, así como as posibles solucións a través da actuación do apicultor ou apicultora. Véxase: Une Saison aux Abeilles – S04 E19.
Foron realizados por Léandre Goydadin, apicultor profesional do Franco-Condado francés, quen ten como pracer o de fedellar nun enxame e que se dedica dende hai catro anos á divulgación da súa práctica apícola na canle de YouTube a través do seu espazo "Une saison aux abeilles" ―Unha estación coas abellas―.
Une saison aux abeilles son vídeos semanais onde se analizan os principais problemas da apicultura e das abellas en toda a estación apícola (entre vinte e trinta por ano, máis algúns especiais), con esquemas teóricos e moita práctica do manexo da colmea. Por exemplo, no episodio da semana do venres 19 de xuño (Une Saison aux Abeilles – S04 E25), trátase practicamente o sistema de detección de varroa nas colmeas, que sempre pode axudarnos na práctica en si.
Para unha persoa abelleira aleuta non fai falla dominar a lingua francesa para facer o seguimento dalgúns dos seus interesantes vídeos e posiconamento apícola, que pode resultar polémico por lle atribuír ao abelleiro as deficiencias das súas colonias de abellas.
Por outra banda, resulta interesante facer o seguimento do seu variado merchandising como apicultor profesional para a comercialización dos seus meles.
En todo caso, pola súa autorización para a tradución, merci Léandre.