
OFERTA DE EMPREGO: ADMINISTRATIVA/O
Seleccionamos unha persoa para realizar tarefas de oficina e de atención ao público na sede da Asociación Galega de Apicultura-AGA, na rúa Basilio Carril s/n, 15810 Arzúa (A Coruña).
Perfil do posto:
Persoa administrativa e community manager (redes e web) con nocións de xestión de subvencións e organización de eventos.
Funcións do posto:
- Comunicación: xestión de redes e web e de comunicados da asociación aos seus socios e socias
- Eventos: planificación e organización de feiras e concursos
- Xestión das actividades de formación apícola
- Xestión de subvencións
- Organización de viaxes e actividades de divulgación
- Xestión da existencia de produtos e dos pedidos
- Labores de atención ao público na tenda e no almacén e das visitas divulgativas
- Apoio ao persoal administrativo e técnico en cuestións administrativas.
Requisitos exixidos á persoa candidata:
- Formación: FP II ou superior
- Nocións administrativas xerais e de facturación
- Dominio da informática nivel de usuario avanzado. Habilidades informáticas demostrables en Microsoft, WordPress, programas de facturación e redes sociais
- Idiomas: dominio oral e escrito da lingua galega e da lingua castelá. Valórase positivamente o dominio oral e escrito básico da lingua inglesa
- Coñecementos avanzados en apicultura
- Don de xentes
- Capacidade de iniciativa propia no seu posto de traballo e disposición para o traballo en equipo.
Horario da xornada laboral:
Xornada completa.
Retribucións do posto:
Segundo o Convenio de oficinas e despachos.
Presentación de CV:
O prazo de presentación de CV remata o 6 de outubro de 2023 e remitirase á nosa sede en Arzúa.