A Asociación Galega de Apicultura (AGA) – Daga do Deza organiza un Obradoiro de própole centrado en técnicas de elaboración con própole, pensado para quen queira coñecer mellor este produto da colmea e aprender a traballalo de maneira práctica.
Que imos ver no obradoiro
Unha xornada presencial de formación e práctica sobre:
- técnicas de elaboración con própole
- manexo e aproveitamento do própole no ámbito apícola
Datos do obradoiro
- Data: 24/01/26 (sábado)
- Modalidade: Presencial
- Lugar: Lalín (local por definir)
- Duración: todo o día
- Imparte: Félix Adanero
Para asistir aos cursos organizados pola DAGA Lalín:
Inscríbete chamando ao: 676000893
ou escribindo a: dagadeza@apiculturagalega.gal
consultar prezo
