6 de xullo de 2020
Este perigoso herbicida, canceríxeno para os seres humanos e devastador para os insectos polinizadores, será prohibido na Unión Europea en 2022. O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) veñen de rexistrar un escrito de queixa na Delegación do Goberno para denunciar o uso masivo de glifosato por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).