22 de maio de 2020
Por Suso Asorey, voceiro e fundador de AGA
Ver saír o mel dos nosos extractores é un pracer para todos os sentidos. O froito de todo un ano de coidados e sabedorías nosas e da natureza está diante de nós. Os maduradores atéiganse. E ao encher os tarros toca buscar os consumidores.
Hai apicultores vendedores de nacemento, pero a maioría non temos este sentido innato da venda.
Se non nacemos vendedores, non nos queda outra que botar man do bo saber e tamén da boa formación e moito ensaio, proba-erro, co produto que temos entre as mans, o que se chamaría un vendedor técnico.
O mel de Galicia
As fortalezas
En Galicia contamos con meles multiflorais, monoflorais e de paisaxe de flores silvestres de monte extraordinarios. Realizamos un procesado artesanal e contamos cunha Indicación Xeográfica Protexida-Mel de Galicia e cunha normativa de produción primaria, así como cunha boa formación das apicultoras e dos apicultores que nos ofrecen distintas posibilidades de comercialización.
Valores engadidos
A IXP-Mel de Galicia é unha marca de calidade e orixe a nivel europeo que protexe os nosos meles.
Producir e envasar meles monoflorais, melatos e meles de paisaxe (parques naturais, reservas da bioesfera etc.) ten un valor engadido.
Os meles de produción ecolóxica, marca de calidade a nivel mundial, son unha boa opción para as nosas producións melíferas.
Descargar arquivo completo en pdf