Esta semana terán lugar unhas xornadas de formación dentro do proxecto “Destino Courel”, unha iniciativa para a promoción do Courel como destino turístico basado na gastronomía e natureza, e no que poderán ter o seu espazo protagonista os produtores de mel e as rutas de apiturismo que estamos promocionando dende AGA. O proxecto está liderado polo GDR Ribeira Sacra-Courel, coa participación de catro concellos: Folgoso do Courel, O Incio, Triacastela e Samos. Toda a información sobre o proxecto e as actividades na web: www.destinocourel.org.