Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

NOTA INFORMATIVA SOBRE O MATERIAL DO PLAN APÍCOLA

(31 / 01 / 2023)

 

 

 

Tendo en conta que a maioría dos provedores de material do Plan Apícola van estar presentes nas instalacións do recinto feiral “Terra do Queixo” durante a celebración do Día do Apicultor, as socias e os socios poden aproveitar a ocasión de recoller o material (alimento, cera, trampas e atraentes contra a Vespa velutina  e fondos sanitarios) para o seu Plan Apícola, dado que somos concientes da limitación do espazo nas instalacións habituais na nave de distribución ao carón do Centro de Divulgación do Queixo e do Mel.

E quen non subscriba o Plan Apícola tamén poderá mercar o material que precise para a súa explotación.

Para tal efecto, se o teñen a ben, xa poden facer as encargas de material nesta mesma semana, co fin de poder axilizar ao máximo a atención debida no servizo.

Así mesmo, podedes aproveitar a ocasión para cubrir e entregar a documentación da orde bancaria de domiciliación SEPA (que é obrigatoria) e da cobertura do seguro das vosas colmeas.

Recordámosvos que a solicitude dos tratamentos contra a varroa só se poderá realizar a partir da publicación da Orde de axudas á apicultura por parte da Consellería do Medio Rural.

Agardamos vervos neste Día do Apicultor, onde teremos 25 stands expositores.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad