Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

NOTA INFORMATIVA: próximas actividades AGA

(28 / 03 / 2023)
 

 

 

Hai un ano que esta Xunta Directiva de AGA tomou un novo rumbo na levanza da asociación de cara a unha xestión eficiente e eficaz de todo o proceso de facturación e da súa contabilidade. Para o seu logro foi preciso determinar uns criterios de actuación comúns para todas as persoas asociadas, así como para as nosas delegacións, co fin de facer un seguimento uniforme e correcto de todos os procesos e accións asociativas. Os resultados das facturas ao momento e das contas claras referéndanse coa confianza prestada polos nosos socios e socias na dedicación e atención que lles prestamos.

Nas actividades asociativas non nos puidemos estender máis porque as liñas predominantes na Orde de axudas á apicultura non abarcaron a formación, a divulgación técnica nin a comercialización dos produtos apícolas, o que nos limitou nas actuacións apícolas que precisaría e demanda a nosa xente asociada.

Neste ano 2023, xa temos posto en acción o novo Plan Apícola 2023, no que escoitamos os nosos socios e socias para ofertarlles un amplo abano dos produtos que nos requiren tanto para o coidado coma para o tratamento das súas abellas.

Entre os próximos proxectos máis destacables de AGA temos a posta en marcha do Grupo de Selección da Abella Negra de AGA no mes de abril, a celebración da 38ª Mostra Galega de Apicultura o día 3 de xuño en Arzúa e unha viaxe ao XI Congreso Nacional de Apicultura, que se celebrará en Málaga do 29 de setembro ao 2 de outubro, cun amplo programa técnico apícola e turístico.

Para calquera información técnica, solicitude ou suxestión non dubiden en poñerse en contacto coa nosa oficina en Arzúa, onde os atenderemos no que precisen.

Agradecémosvos a confianza depositada en AGA.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad