Mochila Abelleira 2026

 

 

 

Queremos agradecer ao CEIP Anexa a súa participación e bo facer no concurso Mochila Abelleira 2026, no que as tres clases de 4º traballaron en conxunto para elaborar uns murais e un relato curto que mereceron ser gañadores deste concurso. Noraboa!!

A primeira parte do premio foi a visita de dúas persoas apicultoras e compartir un día con elas/eles no cole, onde fixeron preguntas, falamos de abellas, probamos os mellores meles galegos e elaboramos veliñas xuntas/os.

 

 

Nesta xornada, repartimos mochilas, libretas e diplomas entre as participantes

 

 

A segunda parte do premio foi a excursión a Piornedo. Á que por facer un traballo en conxunto foron as tres aulas de 4º do CEIP Anexa. Onde visitaron as pallozas e o modo de vida ancestral ligado á terra vinculado a elas, aprenderon de abellas cunha apicultora local e mesmo das plantas menciñeiras que medran nese contexto natural único. Queremos agradecer á Asociación de teitos de Piornedo polo seu bo traballo organizando esta visita e por todo o que fixeron disfrutar á rapazada.

 

 

 

 

 

Loading...
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad