Laboratorio
Era unha necesidade imprescindible do sector apícola galego contar cun laboratorio de análise para o control da calidade dos meles que producimos.
Grazas á colaboración co Enredo do Abelleiro, en Arzúa, AGA e Erica Mel dispoñen das instalacións e do persoal necesario para determinar, caracterizar e diferenciar as calidades e os valores dos nosos meles.
No Laboratorio de Análise dos Meles determínanse os parámetros dos requisitos físico-químicos de hidroximetilfulfural (HMF) e humidade, analízase a presenza de impurezas e outros defectos visuais e organolépticos, e realízase tamén unha análise polínica e de condutividade eléctrica (para os melatos).
Este é a ferramenta que documentalmente lles ofrece garantías ao produtor apícola e ao consumidor dos produtos melíferos que están a producir e consumir, respectivamente.
Un resultado óptimo do Laboratorio supón unha valorización dos meles analizados e a maior garantía da súa procedencia.
Por iso os nosos meles son únicos!
Garante analiticamente o teu mel!
