Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Inscrición Concurso Meles Cinco Estrelas e Laboratorio AGA 2022

(15 / 09 / 2022)

Era unha necesidade imprescindible do sector apícola galego contar cun laboratorio de análise para o control da calidade dos meles que producimos.

Os nosos meles presentan características propias que os fan únicos e distintos, froito da nosa rica e abondosa flora e das características dos nosos solos, así como das paisaxes vexetais das que proceden. Feitos polos que os hai que diferenciar e valorizar no mercado.

Para podermos determinar estes valores, os laboratorios de análises do mel nun laboratorio oficial (LASAPAGA) perfílanse como unha ferramenta imprescindible, xa que van poder caracterizar de modo obxectivo os nosos meles. O servizo dun laboratorio ofrece garantías e confianza ó consumidor e ó produtor, que poderá esixir e xustificar un prezo diferente do seu produto. En definitiva, trátase de utilizar o laboratorio como ferramenta na clasificación, diferenciación, valorización e garantía de confianza no consumidor e no produtor dos nosos meles.

A partir do 15 de setembro deica o 1 de novembro do 2022 ábrese o prazo de presentación de mostras no Laboratorio, que se remitirá á: Asociación Galega de Apicultura-AGA. Rúa Basilio Carril s/n. 15810 Arzúa – A Coruña.

A mostra para enviar ó laboratorio recollerase da castra de mel deste ano 2022; en relación coa cantidade total da produción e do que se queira analizar poderá ser recollida dun bidón, do mel obtido nun apiario determinado etc. Este mel debe ser homoxeneizado, de modo que a mostra sexa o máis representativa posible da nosa produción.

A mostra enviarase por correo a AGA, nun envase de 250 gramos por mostra, identificada cun número no caso de enviar máis de unha, xunto coa ficha de solicitude que se axunta.

No laboratorio identificarémola e procederemos á determinación dos parámetros solicitados, que incluirá como mínimo: hidroximetilfulfural HMF (frescura) e humidade (conservación).

Se o desexa, pode realizar tamén a análise sinxela, así como a análise polínica (meles monoflorais) e de condutividade eléctrica (melatos), que terá que indicar na solicitude. Esta información pasarase a unha ficha creada para o efecto e enviaránselle por correo os resultados á persoa interesada.

Un resultado óptimo do Laboratorio supón unha valorización dos meles analizados e a maior garantía da súa procedencia.

Por iso os nosos meles son únicos!

Garante analiticamente o teu mel!

 

INFORMACIÓN SOBRE O LABORATORIO

 

  • Prazo entrega das mostras: Do 15 de setembro ó 1 de novembro
  • Formato mostra:
    1 envase de mel 250 g (tipo analíticas de farmacia), cada mostra identificada co seu número (no caso de máis dunha mostra)
  • Envío:
    Enviar as mostras xunto coa solicitude e, se é o caso, o xustificante de pagamento a:  AGA, Rúa Basilio Carril S/N- 15810 Arzúa.
  • Recepción de resultados:
    Enviarase un informe por email ou en papel se non se dispón de correo electrónico.
  • Prezos socios:
    • HMF e humidade: 12 €.
    • Polínica sinxela: 15 €.
      Polínica (pole maioritario) e condutividade: 20 €.
  • Prezos non socios:
    • HMF e humidade: 20 €
    • Polínica sinxela: 20 €
    • Polínica e condutividade: 30 €
  • Pagamento:
    • Transferencia bancaria: Nº de conta AGA: ES02 2080 0348 3830 0001 8210 (ABANCA).
    • Efectivo na sede de AGA.
    • Online na nosa web.


Tamén pode descargar o formulario para cubrilo a man e envialo por correo ordinario, facendo clic en “Descargar”

Acceder

Registro

Restablecer la contraseña

Por favor, introduce tu nombre de usuario o dirección de correo electrónico y recibirás por correo electrónico un enlace para crear una nueva contraseña.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad