IX Feira dos produtos apícolas de Allariz. Daga Allariz e AGA 2026

Este ano, a IX Feira dos produtos apícolas de Allariz, trascorreu, coma sempre, na praza do matadoiro, na que disfrutamos de espectáculos, curso de iniciación, showcooking (cociña en directo), un sorteo de produtos da feira e moito máis!!

 

 

Coma sempre, queremos agradecela implicación e agarimo coa que o Concello de Allariz trata esta feira, sempre é un placer poder compartir este día entre apicultores e habitantes de Allariz, tamén queremos agradecer a Raúl Vasalo, delegado de AGA en Allariz por todo o seu traballo, e a tódolos expositores participante polo seu esforzo e mellor facer, e a Joaquín Lozano e Marga Quintela por organizar a charla e o obradoiro infantil respectivamente.

Non queríamos rematar sen lembrarnos do excelente traballo do restaurante Pallabarro e o seu cociñeiro Alberto Fernández polo excelente showcookig con meles galegos e queixos de Arzúa que supuxo un deleite para tódalas persoas que se achegaron ao evento.

Sen máis desexamos seguir pasando anacos doces nesta vila tan fermosa e acolledora!

 

Loading...
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad