XORNADA PARA SOCIAS E SOCIOS DE APITURISMO NO DEZA
9 de xullo
O vindeiro día 9 de xullo celebraremos unha xornada na zona do Deza, onde vos convidamos a participar no roteiro das “Alvarizas de Vilatuxe” pola mañá de 10:00 ás 14:00 horas, despois disfrutaremos dun xantar abelleiro ao carón do río (22€xpersoa).
Pola tarde convidámosvos a que participedes na charla sobre a cría de raíñas, impartida por David Liñares e maila presentación do libro “Reprodución Apícola- Tratado do Apicultor” de Marcos Varela. E para rematar a xornada reunirémonos para crear a Delegación na zona do Deza, onde os socios e socias da comarca poderán adherirse e facer unha piña apícola no centro de Galicia.

FICHA INSCRICIÓN
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA O 7 DE XULLO ÁS 12:00 H
Chegaralle confirmación por email.
Lembrámoslle revisar a carpeta de SPAM sen no atopa a confirmacion do correo.