Onte celebrouse no concello de Moaña a III Feira do Mel, a variedade de postos e a implicación do concello e da DAGA do Morrazo deu o seu fruto e tivemos unha xornada amena e con gran participación de visitantes que pudideron disfrutar da exposición de Apiturismo na fachada do concello conxunto á degustación de Meles Cinco Estrelas e elaboracións feitas con mel e de actividades para cativos, humor e música.
Pola tarde celebrouse unha cata dos meles asistintes contando como membros do xurado a unha técnica de AGA, a unha membro da Asociación de Mulleres de Moaña e ao concelleiro de Medio Ambiente. Resultaron gañadores Mª Teresa Castro Ferreiro de Rairiz de Veiga (Ourense) co seu mel ecolóxico monofloral de silva “Polemel” e David Liñares de Lalín (Pontevedra) co seu mel multifloral “Mel Liñares”, ambos soci@s de AGA.
Dende a asociación queremos dar a noraboa aos galardoados e agradecer ao concello e aos apicultores de Moaña pola súa participación.
NOS MEDIOS
Noticia e foto de Faro de Vigo.