Data:
6 de xuño de 2015
Lugar:
Arzúa
O III FORO APÍCOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel. Durante o foro pretendemos tratar os temas máis actuais da nosa apicultura, presentar innovacións e celebrarmos os aniversarios. Despois de 35 anos estamos inmersos nun proceso de renovación profundo e de recambio xeracional. Como dato valga a cifra de 119 novos socios e socias dende o primeiro de xaneiro deste ano. Xente nova que ven con moito ímpetu e que recibimos cos brazos abertos.
Programa:
10:00 h. Apertura instalacións
No Local Asociación de Veciños de Santa María
10:30 h. Presentación da colmea sintética de Anel e os seus beneficios na apicultura moderna. Eleftherios Pantelakis. Anel, Grecia.
11.00 h. BeeTracker : Sistema antirroubo e monitorización de colmeas. Lepton-Vodafone.
11:30 h. Amicel Varroa, novo tratamento veterinario para combater a varroa. F.J. Orantes. Laboratorios Apinevada, Granada.
12:00 h. Aethina tumida, un novo inimigo das abellas. Antonio Gomez Pajuelo. Consultores Apícolas A.G. Pajuelo, Castellón. Conferencia patrocinada por Santamix-Ibérica.
12:30 h. Uso do própoleo na agricultura ecolóxica e viticultura. Mercedes Martínez Modroño. Ourense.
13:00 h. Asemblea de Erica Mel
14:00 h. Xantar de irmandade apícola (no campo da festa de Santa María)
17:00 h. O patrimonio apícola cereiro en Galicia. Damián Copena e Diego Copena. Investigadores da UVI
17.30 h. Campaña de promoción "A Pinga", presentación de novidades. Isabel Sanjurjo. Canal de Comunicación, A Coruña.
17:45 h. Apiturismo e viaxe a Eslovenia. Paula Souto, técnica de AGA.
18:00 h. Como afecta ó mel a nova normativa de etiquetado. Silvia Cañas. Enx. Téc. Agrónomo e editora de Apicultura Ibérica, Barcelona.
18:15 h. Control de Vespa Velutina en Galicia por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA e José Fernandez, encargado de AGA no convenio co 112. Presentación de trampas de Vetofarma por representantes de Santamix – Ibérica. Olores que atraen a V. Velutina: potencial uso en trampas por Xesús Feás, investigador da USC.
No Centro do Queixo e do Mel:
De 17:00 h a 18:15 h. Obradoiro de apicosmética. Antonio Gómez Pajuelo. A.G. Pajuelo Consultores Apícolas, Castellón. Obradoiro patrocinado por Santamix-Ibérica.
Durante todo o día:
Actividades para nenos e nenas, por Fina Pérez, educadora ambiental.
Información e trámites para os socios e socias.
Na nave de Erica Mel:
Feira de material apícola e exposición de novidades, durante todo o día.
Xantar de irmandade apícola.
O menú será: empanada, pulpo, carne o caldeiro, postre, café e bebidas. Para reservar o xantar hai que ingresar 22 € no nº de conta ES02 2080 0348 38 3000018210 antes do día 30 de maio, indicando no concepto "Xantar Arzúa" e o nome do socio/a. Despois poñerse en contacto con AGA para dar o nome e indicar a data do pago ou enviar o xustificante por email. Entregarase o vale para o xantar no mostrador do Centro do Queixo e do Mel.