III Feira de Produtos Apícolas.
Allariz celebrará a vindeiro sábado día 4 de setembro a III Feira dos produtos apícolas. Un evento que tenta consolidarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia, logo do parón do ano pasado por mor da pandemia.
12 postos apicultores locais e do resto de Galicia formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h.
Na feira poderemos atopar venda de produtos e material apícola. O visitante poderá tamén coñecer unha gran variedade de meles, os diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole e outros derivados do mel.
Durante a xornada terá lugar unha actividade de degustación e maridaxe de Meles Cinco Estrelas vinculada ao programa Apiturismo de Teu Xacobeo 2021-2022. Esta será de aforo limitado e sempre mantendo as distancias e normas de seguridade da Covid-19.
Asociación Galega de Apicultura e Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. Este ano pola pandemia farase unha versión máis reducida, a continuación mostramos o programa do día:
PROGRAMA
III FEIRA DOS PRODUTOS APÍCOLAS
4 de setembro 2021, Allariz
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 ás 20:00 h.
Lugar: Exterior da Praza de Abastos, Allariz
- Durante todo o día: Exposición e venda de produtos apícolas.
- De 12:00 ás 14:00 e de 18:00 ás 20:00 horas: Degustación de Meles Cinco Estrelas e maridaxe de ditos meles con produtos da zona.
- Ás 19:30h. Sorteo de produtos da feira. Con cada compra o público recibirá un número co cal se fará dito sorteo e deixarán o seu teléfono no caso de non estar presente.
NOS MEDIOS
Noticia e foto de La Región.
Noticia e foto de La Voz de Galicia
Galería