Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

I CONGRESO DE CONTROL DE VELUTINA

(11 / 10 / 2023)

4 e 5 de novembro
CHANTADA

A raíz da inmensa preocupación que está a xerar a expansión da Vespa velutina (o tártago negro de patas amarelas) e as consecuencias que está a ter para sectores como o apícola e o vinícola, os días 4 e 5 de novembro, o Grupo de Desenvolvemento Rural Miño-Ulla (GDR) e a Asociación Galega de Apicultura-AGA imos organizar o I Congreso de Control de Velutina en Chantada (Lugo), no que se tratará a situación da velutina no Norte Peninsular, como está evolucionando e os distintos modelos ou medios de control dela, así como a efectividade deles.
A sabendas do shock e da inquedanza que está a producir para moitas produtoras e produtores, animamos a acudir a todas as persoas e entidades por ser este un punto de encontro vital para compartir ideas e organizar as nosas accións de futuro.

Xuntas combateremos e faremos forza!

NOTA: Polo aforo faremos unha inscrición previa, que se abrirá o prazo o venres 13 ás 15 h na seguinte web: www.congresovelutina.es . Os propios días do congreso haberá posibilidade de anotarse en persoa, pero agradecemos a todas e todos aqueles que teñades os medios que o fagades previamente.

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad