O 14, 15 e 16 de febreiro do 2025 @s soci@s de AGA que así o quixeron puideron visitar a feira Meliza e o XII Congreso Nacional de Apicultura en Zamora connosco.
Xunt@s puidemos desfrutar da cidade, ver caras coñecidas e descoñecidas de relevancia no mundo da apicultura tanto galega como da portuguesa e española, e sobre todo facer piña e rede entre as xentes que formamos parte deste fermoso mundo.
Grazas as/os que viñestes connosco e grazas a tódol@s que nos fixestes a estancia máis agradable.
Esperamos atoparnos pronto de novo!
