Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

Feiras e eventos

XV Feira do Mel, dos Produtos Ecolóxicos e artesáns

 

Sábado e domingo, 10 e 11 de Outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Outra nova edición desta xa tradicional feira que tan boa acollida está tendo sempre na nosa bisbarra. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA e os productores artesans de cervexa.

 

 

 

 

 

XXVII Feira do Mel de Ortegal

A Delegación de AGA Ortegal organiza a XXVII Feira do Mel de Ortegal os días 14 e 15 de novembro en Ortigueira.

O sábado 14 pola mañán haberá conferencias sobre apicultura no Museo Ortegalia e o domingo 15 será a feira na Alameda de Ortigueira, con moitas actividades para o público: degustacións de queixo con mel, obradoiros, música, xantar…

 

 

 

32ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA – 3 DE XUÑO EN ARZÚA

A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a  actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS – 20 DE MAIO

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán, se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.

¡Celebra o Día da Abella con AGA e co mundo enteiro!

 

 

 

 

 

 

 

Día da Abella 2014

O 14 de setembro organizamos por segundo ano consecutivo o DIA DA ABELLA en Maceda (Ourense). Haberá un montón de actividades para abelleiros/as e non abelleiros/as, para nenos e maiores. Este ano está adicado á CERA DAS ABELLAS. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos

Feira organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Delegación de AGA Ferrolterra.  Haberá degustacións para os asistentes e sorteos de cestas de produtos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos

XII FEIRA DO MEL E PRODUCTOS ECOLÓXICOS

Lugar.- Recinto Ferial do Trece (Sedes – Narón).

Data.- Domingo 28 de Outubro. En horario de maña e tarde (de 10 a 14 e de 16 a 19 horas).

Actividades.-

Comercialización de mel e productos ecolóxicos.

Sorteo de 13 grandes cestas entre os clientes que mercaran algún producto da feira.

Degustación de mel con pan e queixo.

Talleres divulgativos.

Organiza.- Concellería de Feiras do concello de Narón.

Colabora.- Delegación Ferrolterra de AGA. 

Condicións de participación.- Ser membro da delegación Ferrolterra de AGA ou ben estar empadroado no concello de Narón e ter etiqueta legalizada.

A organización dispondra de duas mesas a maiores para outras solicitudes que no cumplan as duas condicións anteriores. As adxudicacions destas duas mesas realizarase por sorteo.

Para solicitudes.- 981 320 798 ou 661 378 960.   

 

 

VI Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente 2014

Este ano a feira, organizada entre outros colectivos da comarca pola Casa do Mel, ofrece degustacións de freixós, queixo e mel, exposicións, actividades para nenos e nenas, xantar e actuacións musicais.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Inauguración 1º Apiario Urbán de Galicia en Culleredo

A Delegación de AGA Coruña inaugura o 26 de outubro de 2012 ás 8 da tarde o primeiro apiario urbán de Galicia, ubicado no Xardín Botánico de Culleredo.

A entrada é libre. Realizarase a esmelga das colmeas e unha cata-degustación de mel.

XXVI Feira do Mel de Ortegal

A Delegación de AGA Ortegal organiza esta nova edición da Feira do Mel de Ortegal. Próximamente publicaremos mais información do programa.

XXIV Feira do Mel do Ortegal

Apertura da feira ás 11:00 h

Exposición de cogumelos

13:00 Desfile e concert oda Escola de Gaitas de Ortigueira

13:30 Degustación de queixo e mel

17:00 Sorteo de dous lotes apícolas

17:30 Degustación de castañas asadas

Pulpo e lacón a prezos populares

Organiza e colabora: DAGA Ortegal, Ortegalia e Concello de Ortigueira

DÍA DO APICULTOR 2015

O Día do Apicultor será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos.

De paso tamén poderedes realizar diversos trámites: renovar o seguro, facer as xestións do Plan Apícola e adquirir materiais apícolas e ademais terá lugar a Asemblea Xeral de AGA.

Lucus Mel 2012. Mercado de Nadal dos Produtos das Abellas

Domingo, 16 de decembro

Praza de Abastos de Lugo

Organiza: Api-Emprendedor@s de AGA

Colabora: Deputación de Lugo e Concello de Lugo

Participantes: Poden participar os socios e socias de AGA (ver as bases de participación en "ler mais"). Prazo de inscricións ata o 30 de novembro

Día do Apicultor

Data: 16 de febreiro de 2013 Lugar: Arzúa DÍA DO APICULTOR SÁBADO 16 FEBREIRO 2013 CENTRO DO QUEIXO E DO MEL - ARZÚA Organiza: Asociación Galega de Apicultura - AGA Trinta anos despois, as abellas estannos decindo que ó mundo é moi distinto a cando botou a camiñar AGA...

Día do Apicultor 2013

 

16 de febreiro de 2013 no Centro do Queixo e do Mel de Arzúa.

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura.

Nesta edición do DÍA DO APICULTOR imos tratar o tema da vespa velutina como un novo inimigo co que teremos que convivir nós e as nosas abellas.

Tamén imos volver sobre o tema da varroa, ofrencendo novas alternativas para o seu control, xa que só a loita química volveuse un problema crónico sen saída.

 

XXVIII Mostra Galega de Apicultura

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura

Esta xornada estará adicada á "cría de raiñas e colleita de xalea real" coa participación do matrimonio francés: Gilles e Eveline Pradier.

 

 

Contacto

15 + 14 =

Feria Nova s/n · Santa María · 15819 Arzúa

981 508 142

630 069 637 (Whatsapp)

info@apiculturagalega.gal

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad