Gran participación na 32ª Feira do Mel de Ortigueira
O pasado 14 de novembro celebrouse a 32ª edición da Feira do Mel en Ortigueira, organizada polo Concello de Ortigueira en colaboración coa DAGA Ortegal, xunto coa 6ª Feira da Mazá. Na feira participaron medio centenar de postos, entre produtos apícolas, produtores de mazá e outros, e congregou a un numeroso público, consolidándose como unha feira de referencia en Galicia. Aquí publicamos unha reportaxe fotográfica xunto con artigos publicados por varios medios sobre o evento.
Pequena reportaxe fotográfica e novas sobre a Feira do Mel de Ortigueira celebrada o pasado domingo 14 de novembro.
NOVAS NOS XORNAIS

Este domingo 14 de novembro terá lugar a 32ª Feira do Mel e 6ª Feira da Mazá en Ortigueira, que contará cunha ampla oferta dos meles e outros produtos das abellas da comarca de Ortegal, e un atractivo programa de degustacións para saborear os produtos da feira, como a sidra, petiscos con mel e mazá, cata dos Meles 5 Estrelas e outras receitas con produtos das abellas.
Programa:
De 10:00 a 20:00 / 14 de novembro Alameda de Ortigueira
12:30- Charla- Degustación de sidra: O proceso da mazá á sidra/ Centro Social
13:30- Degustación de petiscos con mel e mazá, elaborados por “Entre Fogones”/ Baixo do Mercado
17:00- Meles galegos- Cata e degustación de elaboración feitas con mel por Noela Torres/ Centro Social
Toda a xornada: 5 sorteos de cestas con produtos da feira.