Entrega de premios do Concurso de Mel 5 Estrelas 2025

Dende AGA, queremos darvos os parabéns a tódol@s gañadores/as do Concurso de Mel 5 Estrelas deste 2025, o voso agarimo co produto e delicadeza non caeu en baleiro, senón que fixo que os vosos meles destacaran entre moitos outros.

O voso traballo é motivo de orgullo para tod@s nós, xa que os vosos meles van representar o mellor da cultura meleira do noso país e o amor polas tradicións. Sodes dign@s representantes da herdanza cultural daquelas vellas xeracións de abelleir@s galeg@s.

O vínculo íntimo entre vós, as abellas e a terra é un tesouro, xa que estas novas fornadas estamos medrando nun contexto apícola no que cada ano os traballos e preocupacións van a máis, e no que debemos pór en valor todas estas novas esixencias da apicultura actual, valorando o noso produto e reivindicando a calidade de cada gramo que conseguimos obter nestes difíciles contextos.

Con todo, tamén queremos explicar en que consiste este concurso de meles e por que lle poñemos tanto agarimo e ganas. @s abelleir@s galeg@s, máis alá de divisións, temos este evento como referencia, xa que é o lugar onde tod@s podemos reivindicarnos, veñamos de onde veñamos. Este ano, presentáronse máis de 100 mostras, batendo o noso propio récord, e lembrándonos a seriedade deste traballo e todo o compromiso e traballo que hai atrás de cada un dos meles que se nos enviaron, orgullos@s de ter que escoller entre tantos meles, orgullos@s de que sexa inmensamente difícil escoller que meles van ser os premiados.

Por iso queremos facer de altavoz e que se nos escoite ben alto, porque cada un/ha de vós cumprísedes os máis estrictos parámetros, que superan nalgúns casos aos da propia IXP, o que é mostra da altísima calidade dos vosos produtos e do voso esmero. Chegar a onde chegastes vós cos vosos meles non é sinxelo, nin é algo que se consiga sen moito traballo, polo que para nós é importantísimo que os nosos trofeos e selos vos sirvan para crérvolo, para que valoredes o que tedes entre as vosas mans, para axudarvos a defender todo ese sacrificio.

Sabemos que para vós isto é un proxecto de vida, no que a maior parte das veces non hai unha soa persoa atrás, senón familias enteiras e proxectos de vida libres apegados á natureza, que vivides dignamente formando parte indispensable, e non destruíndo, o contexto natural que herdamos. Por iso vos imos defender con uñas e dentes, e imos estar atrás vosa pondo en valor e reivindicando o voso traballo, nós non somos unha fotocopiadora de premios, somos un representante máis da apicultura galega que queremos e cremos que o mellor para vós é para nós o único camiño, xa que sen vós non somos NADA, e tod@s nós somos unha única voz.

Por isto, tod@s nós, gañaramos ou non, debemos estar orgullos@s do voso traballo, por que si, representádesnos e sodes un bo exemplo para tod@s do camiño a seguir, do bo camiño, do que cre que os animais son parte da nosa familia e os coida coma un membro máis da mesma, d@s que deixamos de ser meleir@s para ser, por fin abelleir@s!!

Saúdos abelleiros e parabéns a tod@s!!

 

 

1º Castiñeiro: O mel de Brea. María del Mar Brea Botana. A Estrada (Pontevedra)

2º Castiñeiro: Aialma. José Antonio Pazos González. Souteliño, Laza (Ourense)

3º Castiñeiro: Rapariga. Ramona Mercedes Ríos Varela. Vilareda, Palas de Rei (Lugo)

 

Diplomas castiñeiro:

Excelente:

– Mel Casa da Torre. María del Carmen Gómez Pérez. Cervantes (Lugo)

Moi bo:

– Mel de Liñares. David Liñares González. Lalín (Pontevedra)

– Roomel. Javier Roo Muradas. Bearíz (Ourense)

 

 

1º Queiroga: Mel do Sor. Rubén Amigo Bellas e Ángeles Morán García. Narón (A Coruña)

2º Queiroga: Marmel. Marcos Reimunde Figueira. Alfoz (Lugo)

 

 

 

1º Bosque: Labrega. Xavier Sotelo Fernández. A Pobra de Trives (Ourense)

2º  Bosque: A Fervenza. Maricarmen Doval Núñez. Baños de Molgas(Ourense)

3º Bosque: Mel dos penedos. Pablo Penedo Pérez . Pereiro de Aguiar (Ourense)

 

Diplomas bosque:

Moi bo:

– Valdabella. Sonia González Rodríguez. Verín (Ourense)

 

 

1º Silva: Mel Casa da Torre. María del Carmen Gómez Pérez. Cervantes (Lugo)

2º Silva: Meleiras do Suído. Melissa Antonieta Terán Peña e Fátima Estévez Posada. Fornelos de Montes (Pontevedra)

 

Diplomas silva:

Moi bo:

– Mel a Devesa. Marcos Rodríguez Mendoza. Monforte de Lemos (Lugo)

– Mel de Liñares. David Liñares González. Lalín (Pontevedra)

 

Non houbo mostras suficientes para constituír esta categoría, polo que só se entregaron mencións:

Diplomas eucalipto:

Moi bo:

– Mel de Liñares. David Liñares González. Lalín (Pontevedra)

– A Montesiña. Dolores Aboal Díaz. Pontevedra (Pontevedra)

 

 

1º Multifloral: Dezabellas. Martínez García Álvaro. Lalín (Pontevedra)

2º Multifloral: O Foxo. Gerardo Janeiro Labandeira. Boborás (Ourense)

3º Multifloral: A Paradela. Áurea Labandeira Salceda. Boborás (Ourense)

Sobeu a recollelo premio seu neto, Julián Janeiro.

 

 

Diplomas multifloral:

Excelente:

– Mel das miñas colmeas. Andrés Boo Pérez. A Coruña (A Coruña)

– Dezabellas. Álvaro Martínez García. Lalín (Pontevadra)

Moi bo:

– Labrega. Xavier Sotelo Fernández. A Pobra de Trives (Ourense)

– Miluquiña. Antonio Fernández González. O Saviñao (Lugo)

– A Fervenza. Maricarmen Doval Núñez. Baños de Molgas (Ourense)

– A Paradela. Aurea Labandeira Salceda. Boborás (Ourense)

– O Foxo. Gerardo Janeiro Labandeira. Boborás (Ourense)

 

 

1° Brigantia. Marcos Fernández Freire e Sonia García Fontelo. Boimorto (A Coruña)

2° Aialma. José Antonio Pazos González. Souteliño, Laza (Ourense)

3° Berce. José González Novoa. Vedra (A Coruña)

 

Diplomas etiquetaxe:

 

Excelente:

-Labrega. Xavier Sotelo Fernández. A Pobra de Trives (Ourense)

 

 

 

 

 

 

 

O comité de cata foi constituído por:

Isabel Sánchez – Mestra do CIFP Compostela, con ampla experiencia en catas.

Sarai Vázquez – Apicultora.

Josefa Durán – Apicultora, con formación na cata de meles e socia de AGA.

Pablo Gómez – Apicultor, formado na cata de meles e socio de AGA.

 

Organizaron e supervisaron todo o proceso:

Joaquín Lozano Parejo – Veterinario de AGA e membro do Comité Organizador.

Iago Roca Agra– Técnico de AGA e membro do Comité Organizador.

 

 

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad