EGA
A EGA foi fundada mediante un convenio, no ano 2018, entre a Fundación Ramón González Ferreiro, o Concello de Allariz e a Asociación Galega de Apicultura-AGA para impartir formación en materia de apicultura.
A EGA promove unha apicultura para persoas pluriactivas, que é a máis acaída para o noso territorio. Apicultura e fruticultura forman un tándem moi recomendable, pois as abellas polinizan as flores das froiteiras e estas proporciónanlles comida ás abellas. Agora ben, sen aplicar insecticidas nin herbicidas.
Dentro da EGA tamén realizamos cursos de iniciación e de especialización, debatemos sobre distintos aspectos da apicultura e das dificultades que atopamos como persoas abelleiras nas actuais circunstancias de cambio climático, agricultura industrial, pandemias etc.
Outra función importante consiste en innovar e diversificar as nosas producións apícolas e divulgar entre as persoas consumidoras a importancia dos produtos das abellas dentro dunha alimentación saudable, insistindo no noso slogan «máis que mel».