Data:
20 de maio de 2017
Lugar:
Galicia
O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán, se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.
¡Celebra o Día da Abella con AGA e co mundo enteiro!
PROGRAMA:
SANTIAGO DE COMPOSTELA – AGA
No IES Rosalia Castro, ás 12:30 h. Acto do Día da Abella e inauguración da exposición "Dalle vida ao teu xardín" cun percorrido pola exposición didáctica, visita ás abellas do xardín, degustación de meles e información sobre a Vespa velutina. A exposición estará aberta ata o 5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente, con actividades para escolares. Haberá tamén un curso de apicultura o 20 e 21 de maio.
CULLEREDO – DAGA CORUÑA
No Xardín Botánico de Culleredo, de 11 a 14 h. Degustación de meles por produtores locais socios de AGA, visita guiada polos xardíns e colmear da delegación e obradoiro de trampas caseiras contra a Vespa velutina.
ALLARIZ – DAGA OURENSE
No Festival Internacional de Xardíns de Allariz, de 11 a 14 h. Arredor da Casa das Abellas dos xardíns, degustación de meles por produtores locais socios de AGA e unha mesa informativa sobre a Vespa velutina. Os socios de AGA que participen poden visitar ese día os xardíns de balde, chamando previamente a AGA para anotarse.
FERROLTERRA – DAGA FERROLTERRA
Narón, Neda, San Sadurniño e Mugardos. Ás 11 h. charla "Abella e Medio Ambiente" e entrega de premios aos gañadores do concurso de trampeo realizado nos centros de ensino da comarca. Durante toda a mañá mesa informativa na praza do concello coa problemática da velutina.
NIGRÁN – DAGA RÍAS BAIXAS
No Centro da Ramallosa. Día da Abella, II Xornadas Apícolas e I Feira Apícola Val Miñor. Ás 10:15 h. acto de inauguración e obradoiros para nenos e nenas. Charlas: Ás 10:30 A producción de pole. Ás 11:30 Manexo ecolóxico antivarroa. Ás 16:30 Fotografar a natureza. Ás 17:30 Entrega de premios.
AS PONTES – DAGA EUME
Na Casa do Mel de Goente, de 16 a 21 h. Portas abertas con obradoiros e actividades para nenos e nenas.
MAÑÓN – DAGA ORTEGAL
19 de maio no CEIP Francisco López Estrada do Barqueiro. Os alumnos/as pintarán un mural sobre o Día Mundial da Abella e posteriormente farase a entrega de trampas, folletos sobre a velutina e copiños de mel.