Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

DIA DO APICULTOR 2019

(22 / 01 / 2021)

Data:
9 de febreiro de 2019

Lugar:
Arzúa


A Asociación Galega de Apicultura AGA organiza o vindeiro 09 de febreiro en Arzúa o Día do Apicultor, unha xornada sobre o mundo da apicultura aberta a todas as persoas interesadas.

Inclúe palestras: alimentación das colmeas, a cargo de Antonio Gómez Pajuelo e Suso Asorey, a loita contra a Vespa velutina, coa presentación das últimas investigacións e as experiencias e actuación das  Plataformas Stop Velutina, novos tratamentos contra a varroa e a presentación do laboratorio de meles de AGA.

Tamén haberá unha exposición sobre "Sanidade apícola" con mesas informativas sobre sanidade e Vespa velutina, exposición e venda de arpas eléctricas, laboratorios e outras novidades. Outra exposición "O mundo do queixo e do mel", unha mostra de diferentes tipos de queixos e produtos das abellas, con degustación e venda dos mesmos. Ademais, como tódolos anos teremos a feira de material apícola, actividades para crianzas e xantar abelleiro.

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad